Cs Sarria comprométese a crear un parque acuático para as familias da localidade

Cs Sarria vén de marcarse como obxectivo prioritario para a vindeira lexislatura abrir a localidade sarriá ao río. “Recuperamos o Río Sarria para o goce de todos os nosos veciños, acometendo un Plan de encauzamento e aproveitamento lúdico do río Sarria e creando a Ruta dos Muíños”, asegurou o candidato á alcaldía, Luís Álvarez Rey.

O alcaldable anunciou asemade que crearán un parque acuático para o goce das familias do Concello. “Darémoslle unha solución prioritaria ao conflito de Ponte Ribeira e, ademáis, aproveitaremos para comunicar o Malecón co Chanto por baixo da rúa Peregrino”, indicou Álvarez Rey.

Para finalizar, o candidato destacou que impulsarán a construcción dunha nova depuradora, separando as augas pluviais e fecais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo