Cs solicita ao Concello que repare os teitos dos módulos do cemiterio do San Froilán

O Grupo Municipal de Cidadáns Lugo esixiu esta mañá a reparación dos teitos de varios módulos de sepulturas do Cemiterio do San Froilán, que a causa do seu mal estado está provocando que chegue auga aos nichos e se deterioren as edificacións.

“Os familiares de moitos defuntos teñen que soportar que os lugares de descanso dos seres queridos se deterioren pola pasividade deste goberno que non cumpren coas súas obrigas de manter en mellores condicións posibles ao camposanto, aínda que despois si que se feliciten cando o cemiterio de San Froilán recibe galardóns”, afirma o concelleiro de Cs Lugo, Jesús Expósito.

Segundo o Regulamento Xeral de Servizos Mortuorios do Concello de Lugo, con data 29-9-1994 no seu capítulo 20 afírmase que o coidado, limpeza e acondicionamento das instalacións existentes no cemiterio correspóndelle ao Concello de Lugo.

Hai un ano o Grupo Municipal de Cidadáns xa se interesou pola situación destes módulos do cemiterio, xa que no ano 2015 destináronse 48.376 euros para a reparación de tres módulos, quedando aínda máis de 1.700 nichos co tellado sen reparar. Nestes tres anos non só non se repararon estes módulos, sino que a falta de mantemento fixo que o seu número aumente, chegando aos 2.000 nichos. “O Concello estase queixando de non ter diñeiro para reparar estes nichos, pero desde o 2015 ata o 2017 recadáronse case 460.000 euros de taxas pola prestación de servizos, e este ano nos orzamentos había unha partida de 200.000 euros para investir no cemiterio, o ano está case acabado e non fíxose nada”, considera Expósito.

O Cemiterio de San Froilán conta con aproximadamente 14.000 unidades de enterramento, das que máis de 2.000 sepulturas teñen un teito en pésimas condicións. “Este ano é o 70 aniversario e o Concello organiza actos en vez de amañalo, como piden todos os cidadáns”, opina Expósito.

Este camposanto foi galardoado con numerosos premios e escollido pola prestixiosa revista National Geographic como un dos máis fermosos do mundo. Ten unha extensión de máis de 100.000 m2 e está situado a catro quilómetros do centro da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com