Cuchufellos e Chotokoeu actuan esta noite na Festa da Mocidade en Taboada

Esta noite Taboada acollerá a Festa da Mocidade, na que actuarán os grupos Cuchufellos e Chotokoeu a partires das once e media. O evento, impulsado polos rapaces da asociación O marrao enxebre terá lugar ao carón do campo da festa de San Pedro.

A asociación porá a venda unha camiseta por valor de 15 euros, que inclue a cena e a bebida. Asemade lembran que hai un concurso aberto nas redes sociais que consiste en sacar unha foto coa camiseta do evento. O gañador levará como premio unha tablet.

A cena estará composta por empanada, chourizo e roscón, e haberá cervexa e viño.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com