Cúmprense dez anos do pasamento de Anselmo Sampedro

O sindicato Comisións Obreiras lembra o décimo aniversario do falecemento do histórico sindicalista Anselmo Sampedro Ania, falecido o 4 de marzo de 2005, aos 46 anos. Anselmo Sampedro, era secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO en Lugo, onde chegou acompañando ao seu pai para traballar na construción. Dende moi novo tomou contacto cos militantes do Partido Comunista e do sindicato Comisións Obreiras, que por entonces aínda estaba na clandestinidade. Foi un dos impulsores desta organización en Lugo, dentro dun equipo no que tamén estaban Santos Costa Barroso e Julio Agrelo Trigo.

Foi secretario de Acción Sindical e no ano 2000 chegou á secretaría xeral da Unión Comarcal, cargo no que foi reelixido en 2004. Como sindicalista foi moi coñecido polos seus documentados informes e a súa gran capacidade de traballo. Interveu nas negociacións de convenios colectivos das principais empresas da provincia.

Anselmo Sampedro, ao que en 2009 se lle dedicou unha rúa no barrio de A Milagrosa, a que une a rúa Milagrosa con Camiño de Pipin, realizou tamén labor política. En 1995 foi elixido concelleiro por Lugo na lista de Esquerda Unida-Izquierda Unida, xunto a Carlos Dafonte e Zita Méndez.

En Comisións Obreiras non se esquece a figura deste exemplar sindicalista, ao que todos os que chegaron a coñecer seguen recordando como unha persoa afable, traballador incansable e gran defensor dos dereitos sociais, pero sobre todo recórdaselle por algo polo que el sempre calificaba aos demais: “CAMPEÓN”.

@ccoogalicia

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com