" />

O CV Emevé proclámase en Leganés campión da Copa Príncipe 2018

Fin de semana de boas novas para o deporte lucense. A categoría de Superliga Masculina do club de voleibol Emevé, traía onte á casa a Copa Príncipe 2018, tras derrotar en Leganés ao equipo anfitrión. Os homes de Diego Taboada fixeron un gran papel tanto en bloqueo como na construción do xogo, sobre todo nos dous primeiros sets onde foron dominando grazas a Boris Rodríguez como expoñente ofensivo e a Víctor Bouza, quen foi nomeado Mellor Xogador da competición. Os xogadores conseguiron superar no terceiro set a un Club de Voleibol Leganés que tentou todo no último parcial, complicando a derrota aos lucenses nun axustado 33-31.

Un bo sabor de boca o que deixan estes xogadores non só no equipo senón en toda a cidade. A súa chegada a Lugo os xogadores foron ben recibidos por compañeiros de equipo e familiares quen non dubidaron en unirse á foto coa desexada copa.

 

O CD Lugo escápase dos 33 puntos

Boa fin de semana para o Emevé e boa tamén para o CD Lugo, que vén de conseguir en Reus tres novos puntos, abandonando así os 33 puntos que levaban arrastrando durante tres xornadas. Francisco Rodríguez, o técnico do clube resaltou o gran xogo dos albivermellos que lograron unha importante victoria en un campo complicado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo