" />

Darío e Corcubión

Os concellos teñen protocolos para a concesión de honores, entre os que destacan a declaración de fillos predilectos dos que naceron no concello que teñen méritos públicos notorios, e de fillos adoptivos para similares méritos dos que naceron fora.

Esas distincións precisan o inicio dun expediente que se someterá a votación do pleno municipal. O normal nestes casos é que o tema se leve con discreción, para que se hai dificultades para o acordo non trascendan ao público, sendo convinte o consenso previo para evitar sorpresas.

O caso de Corcubión, que declarou fillo adoptivo a Darío Xohán Cabana a título póstumo, é exemplo claro de que hai que consultar primeiro antes de outorgar un agasallo que pode estar envenenado, ou non ser convinte, a xuizo da familia, que é soberana.

Parte dos grupos do concello quixeron facer Fillo Adoptivo a Darío polos seus anos en Corcubión, e se foi erro grave non consultalo coa familia, foi despois non lograr a unanimidade imprescindible na corporación. A familia rexeitou a distinción, e o concello veuse na obriga de anulala.

Se investigasen, saberían que Darío non estivo a gusto en Corcubión os últimos tempos, e hai testemuñas, e xa que o antigo alcalde ameaza cunha querela contra a familia por insinuar que non estivo a gusto baixo as súas ordes, vese que tampouco investigou abondo o que daquela alí ocorría. Darío veu para Lugo contento por volver á terra, pero tamén polo cambio de ambiente. A súa familia ten razón. Sabendo o que sabemos os amigos, Darío non aceptaría ser Fillo adoptivo de Corcubión. E a familia tiña, ten, o deber de respectar o seu sentir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo