" />

Datos positivos e negativos da Covid-19 nas últimas 24 horas en Lugo

As últimas 24 horas a Área sanitaria de Lugo arroxa datos positivos e negativos. Na balanza dos positivos sitúase a cifra en 134 casos activos cinco menos que onte. E na dos negativos, a que sinala que se detectaron 6 casos novos, tres máis que onte.
Nestes momentos o andazo está baixo control, pero aveciíñase unha semana que pode ser crucial para saber se esquibamos a cuarta onda, ou volvemos ao punto de partida. Haberá que cruzar os dedos e agardar.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.167, deles 706 son da área da Coruña, 134 da de Lugo, 144 da de Ourense, 233 da de Pontevedra, 581 da área de Vigo, 273 da de Santiago e 96 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 179 en unidades de hospitalización e 1.954 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 113.023 persoas curadas, rexistrándose 2.347 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.869.375.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo