" />

David Catá dona unha das súas obra ao Museo Provincial da Deputación

O artista viveirense David Catá vén de facer unha dozaón dunha das súas obras ao Museo Provincial de Lugo. Trátase dunha fotografía que leva por título Segunda pel 02, realizada no ano 2011, que pertence á colección Ephemera, que esta exposta na mesma sala. Ademais durante este acto Catá avanzou un novo traballo de videoarte baixo o título Sete petalos, que pertence ao seu novo proxecto fotográfico Horizontes.

A Deputada de Cultura aproveitou este acto para presentar o catalogo da exposición Ephemera, a última obra de Catá, que pode verse nestas instalacións ata este domingo. “O catálogo recolle a colección de máis de 80 pezas principalmente fotográficas que amosan a particular visión artística de Catá, no que ensina como a vida se constrúe a partir de momentos fugaces”.

“O proxecto de Catá abarca a pintura, a escultura, a fotografía e a videoperformance. Un traballo, ademais, internacional, pois a súa, xa percorreu os países de México, Nova York, Perú, Cuba, Portugal, Camboya e España”. Ademais lembrou “que a súa traxectoria conta cunha importante cantidade de premios a todos os niveis, rexionais e nacionais; incluso sendo seleccionado en festivais internacionais como o de Berlín ou Nova York”.

García Porto explicou que con esta proposta “o Goberno da Deputación aposta pola promoción dos artistas novos e lucenses que están destacando no panorama creativo, mesmo a nivel  internacional”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo