‘De Bruma e Salite’, de Xaime Miranda, premiado no Festival de Cine de Ourense

O videoclip do grupo musical Mileth, e obra do cervense Xaime Miranda, De Bruma e Salitre alzouse co premio do xurado ao mellor videoclip na 24 edición do Ourense Film Festival (OUFF 2019).

A peza audiovisual premiada foi dirixida por Xaime Miranda, con Iago Vilarinho como director de fotografía e Maite Señoráns como asistente de produción. Así mesmo, a parte dos propios integrantes do grupo Mileth, o realizador Xaime Miranda contou coa colaboración de veciñas e veciños mariñáns para dar vida ás personaxes do videoclip que, como vén sendo habitual nos seus proxectos, foi rodado integramente na Mariña. Nesta ocasión as escenas rodáronse en Barreiros, Mondoñedo, Burela, Cervo e O Valadouro (de onde é natural un dos compoñentes do grupo Mileth)

De Bruma e Salitre xa fora premiado como mellor videoclip o pasado mes de maio no Festival Internacional de Cine de Vigo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com