" />

Debe baixar o IVE na factura da enerxia (luz e gas)

A polémica xerada hai poucos días polo incremento dos custos no recibo da luz, levou á Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, a integrarse nese gran movemento social a nivel nacional, onde están un gran número de Federacións Veciñais e colectivos sociais en contra dos prezos da luz e a actitude do Goberno de España.

O prezo da luz e do gas, debe de ser regulado polo Goberno do Estado, paralizando a xestión en mans da industria eléctrica privada, que aplica uns custos de produción non baseados en datos reais e modificando estes a o seu antollo e en moitos casos con datos oscurantistas.

Así vemos as informacións de prensa moi recentes onde nos indican que Endesa gaña 1.394 millóns de Euros no ano 2020 (e moi rechamante, oito veces máis que o ano anterior), segundo informacións da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Pero a isto temos que engadir que a nivel impositivo, España é un dos países co IVE/IVE máis alto (parece que manteñen a mesma liña impositiva que nas máscaras). Se miramos ao noso arredor dentro da UE, vemos que Alemaña ten un IVE na factura eléctrica do 19 %, Italia o 10%, Francia o 5,5 %, Reino Unido o 5 % e Portugal prevé aplicar a partir do mes de Julio o 6 %. A Unión Europea permite que España poida rebaixar o IVE xa que non hai normativa que o impida, só require unha consulta ao Comité sobre IVE. Os IVE citados en varios casos, refírense ao tramo fixo da factura, ese que pagamos aínda que a enerxía facturada sexa cero. Como termino medio o IVE supón un 15,5% da factura da luz na UE, mentres en España o IVE e o resto de impostos aplicados á electricidade supoñen como termo medio acumulado o 27,38% xa que se acumulan impostos sobre outros impostos. Ao que se fai referencia a UE é ao uso extensivo do IVE reducido en España, algo que como dicimos non se dá na enerxía (luz e gas) e se se dá nos preservativos e outros anticonceptivos non medicinais. O Estado ten a obrigación de levar a cabo ou controlar unha mellor xestión do custo enerxético e debe de incorporarse aos prezos baixos do IVE en Europa.

Lugo ao 26 de Febreiro de 2021

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo