Delegados e delegadas da CIG-Construción ocupan as obras da intermodal de Lugo

Delegados e delegadas da CIG-Construción e Madeira (FCM-CIG) acaban de ocupar as obras da estación intermodal de Lugo para reclamar a negociación dun convenio galego da construción e exixir da patronal que atenda as demandas sociais a este respecto.

Esta acción reivindicativa enmárcase no calendario de mobilizacións que a CIG está a desenvolver dende hai meses para instar a patronal galega e as respectivas asociacións provinciais a avanzar nun marco regulador galego.

Previamente a ocupar as obras da intermodal, os delegados e delegadas procedentes das catro provincias reuníronse en asemblea no local da CIG para analizar as condicións do sector, a falta de resposta da patronal e avaliar a posibilidade de ir a unha folga sectorial se o empresariado continúa ignorando máis tempo as súas demandas.

Despois de meses intentando obter unha reunión coa patronal galega “a única resposta foi a calada”; por iso, a FCM-CIG acordou intensificar as accións de protesta e facer hoxe unha ocupación das obras da intermodal de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com