Denunciados uns pais por deixar a súa filla menor soa de madrugada

O feitos ocorreron sobre as 6,15 horas da madrugada do domingo 26 de xullo, cando unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, que se achaba de servizo na Praza de Bretaña, é requirida por un repartidor de prensa o cal lles informa que hai unha nena de pouca idade asomada á xanela dun edificio chorando. Nestes momentos requiren a presenza dunha patrulla adscrita á Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo e observan como unha nena está asomada a unha xanela da rúa Galicia, chorando e moi asustada.

As patrullas do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e de Policía Local conseguen que un veciño lles abra a porta do portal do edificio e unha vez no rellano logran entrar na vivenda onde achan á nena moi alterada e asustada.

Que neses momentos sae dun pub, situado en rúa Mariña Española, unha parella que di ser os pais da nena, os cales manifestan que acudiran ao domicilio duns amigos e posteriormente baixaron ao pub, quedando a nena durmida e soa na habitación.

Localízase a unha familiar da menor, a cal se fai cargo da vivenda, instruíndose contra os pais dilixencias por un delito de abandono de menor, para a súa remisión ao Xulgado con competencia na materia.

Emerxencia sanitaria

Durante a fin de semana do 24 ao 26 de xullo/20, no marco do operativo establecido polo Corpo de Policía Local de Lugo para o control do cumprimento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establecidas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, establecéronse diferentes dispositivos fixos e móbiles, levantándose 17 actas de denuncia por infracción a dita normativa, ao sorprender a outras tantas persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección obrigatoria en todo momento, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Así mesmo foi denunciado un cidadán por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración aos axentes da Autoridade no exercicio das súas funcións, sendo remitida á Subdelegación do Goberno por ser o órgano competente para a súa instrución e sanción.

 Control establecementos públicos

Axentes pertencentes á Unidade Territorial de Policía de Barrio realizaron inspeccións nos establecementos públicos para o control do cumprimento da normativa autonómica e local de espectáculos públicos, levantado actas de denuncia en tres establecementos públicos da cidade, situados na rúa Tui (2) e Xosé  Castiñeira por infracción a dita normativa.

Nas inspeccións realizadas nos locais da rúa Tui denúnciase ao  responsable dun deles por exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido, xa que foi detectado aberto ás 7,40 horas, cando só permítese a súa apertura a partir das 10,00 da mañá e no outro local, por ter instalado e en funcionamento, sen autorización administrativa, un equipo de reprodución musical cando o establecemento dispón de licenza de café bar. O establecemento situado na rúa Xosé  Castiñeira foi denunciado por quebrantamento do horario de peche establecido, xa que foi inspeccionado ás 5,15 horas cando debería pechar ás 3,30 horas.

Asemade, o día 24 de xullo detectouse por redes sociais que un local situado na rúa Salvador de Madariaga anunciaba a apertura co -reclamo- “Este venres 24 HORA FELIZ, HORA TOLA…. “, ofrecendo comida e bebida gratis…, a pesar de que lle era notificado ao seu responsable a suspensión da actividade do establecemento.

Os axentes localízano no interior do local ordenándolle que se abstivese de abrir o establecemento, tendo en caso contrario graves consecuencias, o que fixo ao momento, comunicando en redes sociais que o local permanecería pechado.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com