Denuncian a desaparición de varios niños de cegoña en Chantada

As asociacións ecoloxistas Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción, puideron censar o pasado ano un total de 46 niños de cegoña branca no concello lucense de chantada. Estando un 78% deles sobre torres do tendido eléctrico que rodea Chantada, e un 1% sobre tellados de vivendas do centro urbano da vila.

Segundo ambas organización xa durante artefactoa realización do censo de 2020 se detectáronse  diversos trebellos nos tellados con fin de evitala nidificación desta especie protexida. Comezado o Censo deste ano 2021, xa na primeira visita os ecoloxistas constataron o incremento de estes “artefacto anti-cegoñas” non homologados de construción caseira, moi perigosos a simple vista, e sinalan que incluso “algún podería estar electrificado”.

Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción alertan que este tipo de artefactos carecen de homologación e poden resultar lesivos e mesmos mortais para as cegoñas brancas e outras aves.

Ambas asociacións denunciaron ante as autoridades a proliferación estas actuacións e “a desaparición dalgún dos niños localizados na pasada tempada, feitos que descubriron co inicio do novo censo da especie para 2021”.

Destacan que este tipo de artefactos “son ilegais e a súa colocación e retirada de niños sen permiso das autoridades poden ser constitutivos de delito e polo tanto instan ás autoridades a intervir”.

As organizacións ecoloxistas apelan á sociedade chantadina, ao concello de Chantada e ao resto de autoridades a “vogar pola convivencia pacífica coas cegoñas e a aportar axuda especializada no caso de ter problemas graves con algún dos niños. Ambas organizacións se poñen á disposición de quen o precise a tal fin con tal de conseguir que a convivencia das cegoñas co ser humano non resulte letal para as aves nin molesta para ninguén”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com