A Deputación abre mañá o prazo das axudas de 75.000 euros para deportistas individuais da provincia

A Deputación abre mañá, luns 7 o prazo de solicitude das subvencións de 75.000 euros en réxime de concorrencia competitiva para deportistas individuais da provincia de Lugo, coas que o organismo provincial premia o esforzo competitivo,” introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a concesión destas axudas. Ademais, favorecer a actividade de persoas con capacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respecto ao ano pasado”.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro día venres 18 de novembro, inclusive. Na páxina web do organismo provincial, www.deputacionlugo.gal, hai habilitado un apartado con toda a información e o modelo de solicitude para a súa descarga. Poden acceder ás bolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativa durante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015 participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

 Esforzo competitiv

O Goberno da Deputación decidiu establecer novos criterios de valoración para “unha concesión máis transparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas”. Por 1ª vez, se terán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A nova táboa de baremación é a seguinte:

 

POSTOPROBAS CAMPIONATOS DO MUNDORANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. MUNDOPROBAS CAMPIONATO DE EUROPARANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. EUROPAPROBAS CAMIONATOS DE ESPAÑARANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. ESPAÑAPROBAS CAMPIONATOS GALEGOSRANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. GALEGOSPROBAS CAMPIONATO PROVINCIALPROBAS CAMP. UNIV. GALEGOPROBAS CAMP. UNIV. ESTATALPROBAS CAMPIONATO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL
6010407305203103510
549366,3274,5182,792,74,59
488325,6244162,482,448
427284,9213,5142,172,13,57
366244,2193121,861,836
305203,5162,5101,551,52,55
244162,813281,241,224
183122,1101,560,930,91,53
12281,47150,62,50,612
10º10160,750,530,320,30,51
             
Por participación en probas do respectivo campeonato, a partir do undécimo posto (incluído)5 4 3 2 1   

 

4 grupos de beneficiarios

As axudas, que terán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros cada unha delas, están dirixidas a 4 grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:

Ata 16 anos (todos os/as nacidos no ano 1999 e posteriores). Para este grupo destinaranse un total de 40.000 euros do orzamento total da convocatoria, fomentando o deporte base.

De 17 ata 25 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1990 e 1998, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 20.000 euros do orzamento total da convocatoria.

De 26 ata 35 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1980 e 1989, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 5.000 euros do orzamento total da convocatoria.

Deportistas con capacidades diferentes (sen límite de idade) que participen nas distintas competicións e disciplinas. Para este destinaranse 10.000 euros do total do orzamento da convocatoria, o que supón a dobra que no 2015.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com