A Deputación achega case 2 millóns a Comarca de Sarria co Plan Único

O Goberno do PSOE na Deputación leva aos máis de 23.600 veciños da Comarca de Sarria un investimento de 1.998.933 euros a través do Plan Único da Deputación. Trátanse dos veciños do Incio, que recibirán 274.577 euros; Láncara, 275.701 euros; Paradela, 264.283 euros; O Páramo, 232.004 euros; Samos, 256.914 euros; Sarria, 500.000 euros; e Triacastela, 195.454 euros.

 

Campos Conde explicou que “distribuímos estes fondos nos 67 Concellos, atendendo á superficie, poboación, unidade poboacionais e índice de envellecemento de cada municipio. É dicir, decidimos empregar os criterios aprobados por unanimidade na FEGAMP. Establecemos un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por Concello para garantir que o Plan Único chegase en condicións xuntos aos máis de 300.000 lucenses”

O Presidente explicou que no 2016 “puxemos en marcha programas 8 programacións cuxos fondos de máis de 10 millóns de euros tamén distribuímos en base a criterios obxectivos. Estes foron o DEPUEMPREGO, Servizo a Domicilio, POS, Plan de Aforro Enerxético, Plan de Tic´s e Axudas para actividades culturais, deportivas e instalacións culturais. Este ano, puidemos duplicar  este orzamento, empregando remanentes de tesourería e unificando distintas programacións nun plan único. Todo isto, para contribuír dende a Deputación á mellora da calidade de vida de todos os veciños da nosa provincia, pois a esta é a obriga das institucións públicas”.

Neste senso, Campos Conde sinalou que se establece que un mínimo do 50% dos fondos que reciba cada municipio deberá achegarse a novos investimentos cos que reactivar a economía e prestar servizos públicos aos veciños; así como que se manteñan ás axudas económicas para o SAF a non dependentes, pois a Xunta non aporta nin un só euro; e para o DEPUEMPREGO, que xerar novos postos de traballo nos Concellos; así como para o POS, xa que o Goberno Central tamén o deixou de financiar na súa totalidade, sendo, en moitos caso, a única programación que garante en todos os municipios a mellora de servizos e prestacións públicas municipais.

Santos Ramos remarcou que “o PP na Deputación só ofrecía un único plan para todos os veciños, que era o POS” e puxo en valor as “políticas de actuación para todos, que temos a obriga de desenvolver dende todas as institucións públicas, pois xestionamos fondos de todos os cidadáns”, desenvoltas polo PSOE nos últimos 10 anos e na actualidade”. O voceiro apuntou plans “que levamos a todos os Concellos”, como o DEPUEMPREGO, Ben Empregado, Servizo a Domicilio, Teleasistencia, Aforro Enerxético, Lug02, Innova-TE, Plan de TIC´s, así como programas de Cultura, Deportes ou Turismo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com