A Deputación aproba axudas por 75.000 euros para deportistas lucenses

O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno as axudas para deportistas individuais da provincia, así como as novas bases que rexen este proceso de concorrencia competitiva. O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, explicou que “renovamos totalmente as bases co obxectivo de premiar o esforzo competitivo e favorecer a actividade de persoas con capacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respecto ao ano pasado”.

Esta programación está dotada de 75.000 euros. Poden acceder ás bolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativa durante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015 participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

O prazo abrirase previsiblemente este mesmo mes, unha vez que as bases sexan publicadas na Base Nacional de Subvencións e no Boletín Oficial da Provincia.

Ademais, o Goberno da Deputación decidiu establecer novos criterios de valoración para “unha concesión máis transparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas”. Deste xeito, por primeira vez teranse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.

As axudas, que terán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros cada unha delas, están dirixidas a 4 grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com