Deputación, Concello e ALUCEM ofrecen unha xornada sobre esclerose múltiple

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, e a Presidenta de ALUCEM, Rachel Feliciano, presentaron este luns no Pazo de San Marcos as I Xornada de Sensibilización sobre Esclerose Múltiple que terá lugar o 25 de maio, no Salón de Actos do Hospital Lucus Augusti de Lugo, para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple. Trátase da cita médica organizada por ALUCEM, coa colaboración da Deputación e o Concello de Lugo, na que participarán profesionais e expertos relacionados coa enfermidade.

López Izquierdo remarcou o compromiso do Goberno da Deputación “con todo o tecido asociativo lucense, e nomeadamente, con entidades como ALUCEM, que traballan para dar visibilidade a esclerose múltiple que afecta a unhos 3.000 galegos, dos que mais de 400 son da provincia de Lugo”.

A Deputada demandou á Xunta de Galicia “que mellore os servizos públicos para atender ás persoas con esta enfermidade, pois os que hai son insuficientes, obrigando a colectivos como ALUCEM a buscar fondos e axuda doutras administracións, coas que ofrecer prestacións fundamentais para a atención diaria das familias”.

O Executivo Provincial destina 10.000 euros a este colectivo para a contratación dun fisioterapeuta que ofrece este servizo de recuperación a máis de 85 lucenses con esclerose múltiple. Esta entidade sen ánimo de lucro traballa a través de talleres e cursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos. Ademais contan con servizo de rehabilitación, traballo social e terapia ocupacional, así como servizo de información, orientación e asesoramento ás familias

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com