" />

A Deputación formaliza a concesión pública do Centro de Recría Gayoso Castro

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o responsable da empresa Recría Castro, Rogelio Grille Barbeira, asinaron esta mañá o contrato da concesión pública para a xestión do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación. Trátase da empresa adxudicataria da concesión, logo de obter a puntuación máis alta nas ofertas presentadas no proceso público de contratación.

No acto, participaron tamén a Presidenta de SERAGRO, Noelia García Santoalla, así como membros do Goberno Provincial. Cómpre lembrar que se trata  dunha concesión de servizos de carácter público que contará coa supervisión da Deputación para garantir que se cumpran as condicións estipuladas, que ten unha duración de 15 anos, prorrogables ata 25.

Na páxina web da www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado co regulamento do Centro de Recría Gayoso Castro. Campos Conde apuntou que logo desta sinatura, a apertura do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación é unha realidade. “As primeiras becerras comezarán a entrar nos primeiros meses do ano 2018, nestas instalacións que serán un centro de referencia para a recría de todo o país tanto pola magnitude e calidade das instalacións, como polo servizo que os profesionais encargados da súa xestión estou seguro que han de prestar aos nosos gandeiros” apuntou.

“Dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos co rural; e este compromiso hoxe faise realidade con este acto, co que, a principios do ano 2018, poremos en marcha o 1º centro de recría de gando vacún público en España. Tras anos de traballo e un investimento en solitario de 12 millóns de euros, sen o apoio de ningunha outra administración, nin sequera daquela que ten as competencias, o Centro de Recría está a piques de abrir as súas portas”, expresou Campos Conde.

“Estas instalacións abren unha nova etapa na nosa provincia e no campo galego pola importante inxección económica e de emprego que supoñen, sobre todo no rural e nel, plásmase o modelo económico e produtivo que queremos para a provincia: a dotación de infraestruturas públicas, xestionadas cun rigoroso control público que aproveiten os grandes recursos dos que dispoñemos no medio rural para xerar valor engadido, riqueza e postos de traballo. O Centro de Recría é, sen dúbida, o máximo expoñente do impulso que lle levamos dando dende o Goberno da Deputación ao sector agrario e gandeiro da nosa provincia”, concluiu o presidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo