" />

A Deputación conmemorará o Día da Muller con exposicións, congresos e concertos durante toda a semana

A Deputada de Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns a programación de actividades que o Goberno da Deputación organiza esta semana con motivo do Día Internacional da Muller, que ten lugar o vindeiro 8 de marzo.

Nesta programación se inclúe a inauguración, mañá as 20:00 horas da mostra Nós+Outrxs en rede, que estará exposta ata o día 30 de abril nos catro museos da Deputación. O mércores 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar o concerto de Batuko Tabanka na Capela de Santa María ás 20.30 horas, concerto que forma parte do MusicAD, a programación musical do Executivo provincial no mes de marzo. Tabanka é unha asociación que se fundou co obxectivo de dignificar a cultura caboverdiana, lembrar a procedencia da nai África en todos os expoñentes culturais posíbeis e a súa música é algún dos múltiples presentes que brindan estas polifacéticas mulleres. Asemade, a cada asistente ao concerto entregaráselle unha flor violeta.

Durante este día o organismo provincial iluminará a fachada do Pazo de San Marcos de cor violeta simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas mulleres. Ademais, a Fundación TIC realizou un vídeo reivindicando o papel da muller que se proxectará ese mesmo día nos paneis de San Marcos.

Para o día 10 de marzo, terá lugar a inauguración ás 11:00 horas no Museo Provincial de Lugo do IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación cunha xornada na que trata sobre como os museos amosan a diversidade de xénero e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus discursos monográficos, coleccións e actividades.

Por último, o sábado día 11, as 10:00 horas, terá lugar o comezo da segunda xornada do Congreso de Xéneros, esta vez, no Pazo de Tor.

Ademáis, este ano a Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Artes Galegas á artista viveirense Maruja Mallo, polo que Goberno da Deputación, xunto ao Concello de Viveiro e á RAG organizarán unha programación de actividades durante todo o ano para difundir o legado da pintora e reivindicar o traballo das mulleres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo