Fecha: 2016-04-01 Lugo, Carballedo.- La vocal del Grupo Provincial del PP, Elena Candia ofrece una rueda de prensa acompañada del alcalde de Carballedo, Julio Yebra, para dar cuenta de una actuación en el campo de futbol, En la imagen Elena Candia y Julio Yebra visitan el campo de futbol de A Barrela en O Carballedo.

A Deputación construirá en Carballedo un campo de herba artificial conveniado na época de Candia

A voceira do Grupo Provincial Popular e presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, esta a levar a cabo unha serie de visitas polos concellos da provincia, hoxe visitou acompañada do alcalde de Carballedo, Julio Yebra, o espazo no que se construirá un campo de herba artificial en virtude dun convenio asinado coa Deputación de Lugo baixo a súa presidencia.

Elena Candia destacou que, a ”tras a aprobación dos Presupostos da Deputación, que o PP facilitou, estas obras comprometidas polos populares por fin poderán ser realidade, o que dará resposta a necesidades dos concellos “que non podían seguir sen atender”.

Pola súa banda, o alcalde agradeceulle o traballo levado a cabo polos populares e pediulles que “sigan garantindo que o reparto dos fondos provincias sexa equilibrado”.

Ambas as administracións, provincial e local, acordaran unir esforzos coa finalidade de colaborar, executando e poñendo os medios necesarios para a construción dun campo de fútbol de herba artificial dentro do núcleo urbano de A Barrela, no termo municipal de Carballedo.

Actuación

A memoria valorada da que dispón o Concello de Carballedo para a execución da obra recolle un importe de 99.387,81 euros. O ente provincial, en virtude do convenio asinado no mes de outubro, executará e financiará integramente a obra. O Goberno local, pola súa banda, será o encargado de redactar e aprobar o proxecto técnico necesarios para a  execución das obras, financiado integramente polo Concello de Carballedo. Tamén asumirá, unha vez rematadas as obras, a posta en marcha, explotación mantemento e conservación das mesmas e as responsabilidades correspondentes como ente titular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo