Deputación e ABANCA dotan o Plan Activamos con 21 millóns de euros en novo financiamento

A Deputación e ABANCA asinaron esta mañá o acordo de renovación do Plan Activamos correspondente ao exercicio 2018. Grazas a este acordo, as empresas, as familias e as corporacións locais da provincia de Lugo disporán dunha nova partida de 21 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes enfocado ao desenvolvemento socioeconómico.

A firma do acordo tivo lugar na sede da Deputación en Lugo, nun acto que contou coa presenza do presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, e o director de Negocio Institucional Galicia-Asturias-León de ABANCA, Lino Comesaña Calvo.

“Coa renovación desta colaboración, o que pretendemos dende a Deputación é dinamizar a economía da provincia, trátase dunha iniciativa coa que axudamos a que concellos e empresas poidan acceder a financiamento co que desenvolver proxectos que redunden na mellora da calidade de vida dos nosos veciños, que é o noso principal obxectivo”, explicou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.

“Un ano máis, as familias, as empresas e as corporacións locais da provincia de Lugo teñen á súa disposición unha ferramenta para mellorar os seus estándares de benestar e competitividade, en condicións preferentes e con diversas fórmulas deseñadas para adaptarse a usos específicos”, sinalou o director de Negocio Institucional Galicia-Asturias-León de ABANCA, Liño Comesaña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com