" />
Antonio Veiga Outeiro e Manuel Martínez Núñez

Deputación e Concello de Lugo dotarán de wifi 3 novas prazas e o ente provincial a traveso do Innova-TE renova ademais a wifi en 48 concellos

Deputación e Concello de Lugo dotarán de wifi 3 novas prazas: a praza Maior, a de Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo, que estarán en funcionamento a finais da primavera.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio de colaboración por valor de 22.000 euros.
Instálanse 6 puntos wifi: dous na fachada do Consistorio lugués e dous onde está o templete para conectarse á Rede dende calquera punto da Praza Maior; así como outros dous na parte de atrás do Casa do Concello, para facer o mesmo nas prazas Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo.

Asemade o organismo provincial a traveso do Innova-TE renovará por outros 14 meses wifi en prazas de corenta e oito concellos da provincia, inviste nesta prestación 210.000 euros, supoñendo custo cero para os Concellos. Os 48 municipios que decidiron sumarse voluntariamente ao Innova-TE e que contan con prazas wifi son os seguintes: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.

Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno aprobou o plan de seguridade e saúde no traballo das obras de arranxo dos tellados das Pallozas.  Trátase do último trámite legal e necesario para poder iniciar estes traballos.

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que estas actuacións, dotadas de 84.000 euros,  poranse en marcha a semana próxima.

A sesión acordou as obras para dotacións públicas na Pontenova. Trátanse de melloras en espazos deportivos, en traídas de augas e en accesos rurais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo