" />

Deputación e Eixo Atlántico estudan a xestión de residuos na provincia para reducir costes

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo xunto cun técnico do Eixo Atlántico, Manuel Rodríguez, presentaron esta mañá o primeiro estudo de Xestión Residual dos Municipios da provincia.

Argelio Fernández explicou que o obxectivo principal deste estudo é abaratar os custes da xestión de residuos, reducindo gastos aos Concellos e, polo tanto, aos cidadáns. O estudo é totalmente gratuito para os concellos. No estudo participaron nun principio 44 concellos os que, máis tarde, se sumaron outros nove dando un total de 53 concellos de mostra no estudio.

A Deputación e o Eixo Atlántico se reuniron con todos os concellos un a un para estudar cada caso individualmente e ver que melloras se poden levar a cabo en cada caso. 

“O que buscamos con este estudo, no que seguimos a traballar para completalo, é ter unhaprimeira radiografía sobre a xestión de residuos que levamos a cabo dende os Concellos co obxectivo de reducir os custos que nos supón a prestación deste servizo básico para os nosos veciños. É imprescindible a colaboración dos municipios; que nos ofrezan os seus datos para seguir avanzando xuntos. Estamos medindo para poder actuar con certeza posteriormente e mellorar estes resultados”, explicou.

 

Pola súa parte, Manuel Rodríguez, explicou que este estudo é un traballo en rede para ter un esbozo da realidade deste servizo nos concellos, pois afirmou que “hai que medir para poder actuar”. A idea do proxecto pasa por compartir experiencias duns municipios a outros, e afrontar comúnmente as diferentes ideas que teñan máis probabilidade de éxito.

O que se fixo este ano foi facer un diagnóistico dos datos recollidos no 2015, e se viu un problema nos mesmos datos, pois hai unha gran incosistencia debida á falta de recursos así como a falta nunha estrutura de custos axeitada. Os resultados deste estudo, afirmou Manuel Rodríguez, non son moi positivos, pero plantexase o reto de melloralos.

Para Manuel Rodríguez, tras esta visión xeral hai que intentar levar a cabo unha asesoría personalizada cos Concellos para ver esas necesidades e como obter algunha información que non se puido recoller. O técnico do Eixo Atlántico explicou que se está a preparar unha xornada formativa a finais de ano enfocada á mellora das deficiencias dos puntos limpos, na valorización da xestión orgánica a través do compostaxe doméstico así como outros puntos como o de recollida intelixente.

Datos recollidos

O estudo de Deputación e Eixo Atlántico recolle datos comúns sobre a xestión de residuos durante o 2015 en 44 Concellos. Analizouse, polo tanto, a prestación deste servizo a 136.075 lucenses, que representan o 40% da poboación da provincia. Algunhas das conclusións ás que se chegaron son que:

– Termos Económicos: o custo medio da xestión deste servizo por habitante é de 64,5 euros. Os veciños pagan unha media de 45,7 euros polo que os Concellos asumen con fondos propios a parte restante.

– Recollida selectiva: cada habitante xera de media uns 300 quilos de residuos ao ano. Desta cantidade, tan só se fai unha recollida selectiva de 28,7 quilogramos, que representan un 9,3% do total de lixo.

– Xestión Ambiental: no ano 2010, facíase unha recollida selectiva do 12,8% dos residuos. No 2015, pasouse ao 10,4%, sendo un 2,4% menos.

– Calidade do equipamento: o 20% dos municipios apuntan á falta de limpeza dos colectores, habendo incluso residuos fóra do mesmos; o 14% indican que hai equipamentos en mal estado e serigrafía incorrecta; e outro 14% trasladan que se producen cheiros, especialmente no verán.

– Capacidade dos colectores: durante o inverno é dun 60%, chegando nos meses de verán ao 90%. O 19% dos Concellos indicaron a existencia de colectores con residuos fóra.

– Puntos limpos: o 70% dos puntos limpos non están autorizados. Detectáronse residuos no chan, clasificación incorrecta de residuos, acceso non autorizado e incluso roubos de material.

Ademais, tamén se observou que o 70% dos responsables municipais non coñecen a cantidade de recollida selectiva; o 60% dos Concellos proporcionaron datos sobre o número de equipamentos de recollida selectiva, que non coinciden cos datos de Ecoembes e Ecovidro; máis do 50% dos Concellos non teñen unha estrutura axeitada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo