" />

Deputación e Federación de Comercio da Mariña asinan un convenio para potenciar o comercio de proximidade

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración co presidente da Federación de Comercio A Mariña, José Carlos Paleo, pola cal a institución provincial achega 7.000€ ao colectivo, en dúas anualidades, para desenvolver varias campañas enfocadas á promoción do comercio de proximidade, co fin de dinamizar a economía da comarca ante a crise provocada polo coronavirus.

Tomé Roca destacou que “esta axuda enmárcase na aposta decidida da Deputación por apoiar a un dos sectores máis afectados pola pandemia, como o comercio e a hostalería, que sufriron e seguen sufrindo grandes dificultades. Ante esta situación, dende as administracións non podemos mirar cara outro lado. Por este motivo, e como vimos demostrando, colaboramos coa Federación de Comercio A Mariña, para que eses máis de 7.000 postos de traballo se manteñan, e, deste xeito, saír xuntos, fortes e unidos desta situación”.

Neste senso, o mandatario provincial salientou a importancia do pequeno comercio, “que ten un efecto vertebrador sobre os concellos”, e subliñou “a necesidade de seguir apostando por unha actividade que aporta proximidade, calidade e, sobre todo, confianza”.

A Federación de Comercio A Mariña conta con máis de 1.100 asociados da comarca e ten como obxectivo organizar eventos e iniciativas que axuden a tódolos seus asociados, buscando obter unha repercusión económica importante na comarca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo