A Deputación formará a 15 mozos desempregados no sector das TIC

O presidente da Depuación, Darío Campos Conde, e o vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, recibiron este martes no Pazo de San Marcos aos 15 mozos lucenses no paro que resultaron beneficiados do Communitteando. Trátase do obradoiro social de emprego xuvenil da Deputación, que ofrece formación teórica e práctica, remunerada cuns 650 euros mensuais, que é o salario mínimo interprofesional.

Os seus obxectivos son contribuír á inserción laboral dos rapaces nun dos nichos de empregos detectados na provincia, como son as TIC´s; así como ao acceso universal ás instalacións públicas.

Durante 6 meses, os participantes formaranse como Community Manager e recibirán formación especializada sobre sistemas operativos, elementos da rede e aplicacións informáticas e microinformáticas. Farano nas instalacións de COGAMI na capital luguesa, colectivo que colabora coa Deputación no desenvolvemento deste obradoiro. Son un total de 960 horas de formación teórica.

“Seredes os responsables da creación dunha nova páxina web para impulsar o traballo que leva a cabo COGAMI, así como dunha pioneira aplicación tecnolóxica coa que buscamos detectar as barreiras arquitectónicas existentes, que impiden un acceso universal ás instalacións públicas”, explicou Campos Conde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo