" />

A Deputación garante a celebración da Liga Provincial de Piragüismo cunha achega de 20.000 euros

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Presidente do Club Cidade de Lugo, Martín Carballo Méndez, presentou a VII Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar entre os meses de abril e setembro, nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro.

O organismo provincial apoia a celebración deste evento deportivo cunha achega económica de 20.000 euros para promover o deporte base, ademais de desestacionalizar o turismo e incentivar a economía nos diferentes municipios nos que terán lugar as seis probas das que consta a competición, organizadas polos seis clubes que participan nela, é dicir: Club Fluvial, Club Cidade de Lugo, Club Piragüismo Altruan, Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Viveiro, Club Kayak de Foz.

Rivera Capón subliñou que “a Liga Provincial de Piragüismo é un dos principais eventos deportivos do ano. Non en vano, cada proba logra reunir de media a uns 250 participantes, non baixando nunca dos 180 palistas, aos que hai que sumar familiares e espectadores, o que da boa conta da relevancia desta competición para a nosa provincia”. O responsable de Deportes lembrou que “o compromiso da Deputación con este deporte é firme, posto que coñecemos a relevancia e a traxectoria do piragüismo lucense. Por iso, ao longo do ano apoiamos a celebración de campionatos e probas como a Liga Provincial ou a Travesía de Foz”.

As embarcacións de todas as probas son individuais, tanto K1 coma C1, e participan as categorías veterano, sénior, xuvenil, cadete, infantil A, infantil B, alevín A, alevín B, e benxamín, tanto masculinas como femininas. As probas teñen lugar sobre un percorrido de 5.000 metros para as categorías de veteranos, sénior, xuvenil, cadete con un tempo de control de 5 minutos, de 3.000 metros para categorías infantil A e infantil B con un tempo de control de 5 minutos, e 1.500 metros para alevín A e alevín B con un tempo de control de 5 minutos, e benxamín con un tempo de control de 9 minutos.

Calendario das probas

30 de abril – 1ª Regata Provincial Club Fluvial (Lugo)

7 de maio – 2ª Regata Provincial Club Cidade de Lugo (Lugo)

11 de xuño – 3ª Regata Provincial Club Piragüismo Altruan (Ribadeo)

5 de agosto – 4ª Regata Provincial Club Deportivo San Ciprián (San Ciprián)

20 de agosto – 5ª Regata Provincial Club Piragüismo Viveiro (Viveiro)

10 de setembro – 6ª Regata Provincial Club Kayak de Foz (Foz).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo