" />

A Deputación impulsa a comercialización de cervexa artesá no Máster Nacional de Futbolín

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao Alcalde de Rábade, a Tenente de Alcalde deste concello e o Concelleiro de Deportes,  mantiveron este xoves un encontro con produtores para coñecer as variedades de cervexa artesá que, durante os días de celebración do Máster Nacional de Futbolín, se comercializarán en dito Concello, aproveitando a afluencia de visitantes.

Trátase da primeira das accións incluída dentro do proxecto provincial Tirando do Carro, un proxecto que conta coa colaboración do Grupo El Progreso, e que ten como obxectivo promover o traballo dos produtores autóctonos da provincia.

A Deputada avanzou “aproveitamos o excelente escenario que supón o Campionato Nacional de Futbolín de Rábade, polo gran número persoas que logra reunir, para pór en marcha o Tirando do Carro. Nesta ocasión, para promocionar e dar a coñecer as marcas de cervexas artesanais da provincia, así como outros produtos elaborados elaborados por FADEMUR”.

Cervexa artesá lucense

 Durante a fin  de semana, poranse á venda 1.800 litros desta cervexa artesá na carpa situada no Campo da Feira e en 14 establecementos hostaleiros de Rábade, que se suman a esta iniciativa.

Durante a cita, tamén se promoverá o traballo das mulleres de FADEMUR, que porán á venda pan e produtos cárnicos como chourizo, lombo ou salchichón.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo