" />

A Deputación inicia o proceso para integrar a Fundación TIC no organismo provincial

O vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e o Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, patróns da TIC, avanzaron este mércores que o organismo provincial iniciará o proceso para integrar a Fundación TIC na Deputación. Os dous responsables provinciais fixeron este anuncio durante unha reunión que mantiveron cos traballadores da entidade para informarlles da posta en marcha do proceso.

Álvaro Santos afirmou que “esta decisión do equipo de Goberno é froito da política de transparencia iniciada pola Deputación coa disolución do Inludes e da Fundación Tor”. O vicepresidente asegurou que “nós apostamos por uns servizos públicos xestionados directamente pola administración, e a integración da TIC incardínase perfectamente neste obxectivo”.

Segundo Santos, “trala decisión política, agora é o momento de solicitar os pertinentes informes xurídicos e laborais para establecer os pasos que se debemos seguir para integrar a TIC, unha entidade sen ánimo de lucro que está financiada na súa totalidade con fondos provinciais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo