" />

A Deputación inicia os trámites legais para a posta en marcha das Rutas Fluviais

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venres na Xunta de Goberno, da aprobación por vía de urxencia do inicio dende a Deputación dos trámites legais necesarios para a prestación do servizo de catamaráns logo de que se bloquease a súa inmediata posta en marcha dende SUPLUSA. Deste xeito, na sesión, o Executivo Provincial tamén acordou deixar sen efecto a encomenda de xestión de 500.000 euros, que volven ás arcas da propia institución, a SUPLUSA.

Campos Conde explicou que “o Goberno da Deputación, xunto a técnicos provinciais, traballa dende a propia tarde do martes, xusto despois do bloqueo ao servizo de catamaráns no Consello de Administración de SUPLUSA, nunha solución para iniciar a súa actividade en abril, tal e como estaba previsto”.

“Buscamos a solución máis áxil e por suposto axustada á legalidade para tentar non demorar o funcionamento das Rutas Fluviais, pois sabemos da importancia da súa posta en marcha para a provincia en xeral e, particularmente, para os veciños, establecementos e Concellos da Ribeira Sacra, máis aínda durante a Semana Santa”, sinalou.

O Presidente destacou que a día de hoxe hai 874 reservas feitas para o mes de abril, e un total de 6.322 ata decembro. Son 2.000 reservas máis que o ano pasado por estas mesmas datas, que baten o récord das mesmas. “Creo que este considerable incremento se debe á implicación de moita xente do sector e tamén ás melloras que fixemos neste servizo. O ano pasado, arranxamos todas as embarcacións, habilitamos unha oficina de  información turística no embarcadoiro de Doade e outra no Pazo de San Marcos, unha central de reservas que funciona as 24 horas, ademais de incrementar o número de profesionais que prestan o conxunto do servizo para mellorar a atención ao público”.

Como se facía sempre, dende que hai décadas a Deputación puxo en marcha os catamaráns, o Goberno Provincial aprobou nas pasadas semanas a encomenda de xestión a SUPLUSA e levou ao Consello de Administración de SUPLUSA do pasado martes a habitual proposta de aprobación da convocatoria e do proceso público e aberto a todos os cidadáns para a seleccións dos profesionais. O BNG presentou unha emenda ao mesmo, pedindo que se mantivesen os traballadores da anualidade pasada. O Executivo Provincial rexeitouna, defendendo a celebración de dito proceso público. Na votación, o PSOE votou a favor, o PP abstívose e o BNG votou en contra. O resultado foi o bloqueo aos catamaráns, pois os acordos de SUPLUSA requiren de maioría absoluta.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo