" />

A Deputación inviste 270.000 euros no sur da provincia

O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez Núñez, informou esta mañá que o ente provincial aprobou na Xunta de Goberno investir máis de 270.000 euros no Sur da provincia para mellorar rúas urbanas e camiños rurais. Martínez Núñez explicou que se actuará en 13 rúas do núcleo urbano de Monforte de Lemos, así como en 31 camiños rurais; ademais de mellorar os accesos á aldea de Serén, en Taboada. Os traballos consistirán, na súa maioría, na limpeza de cunetas, bacheo e na mellora do firme.

“A través destas actuacións, dende o Goberno Provincial continuamos a mellorar as infraestruturas e comunicacións da provincia, dentro da nosa aposta por unha Deputación rural, que traballa pola igualdade de oportunidades vivas onde vivas”, apuntou Martínez Núñez. Son 17.500 euros os que destina o Executivo Provincial para a mellora do acceso a Serén, dende a LU-P- 1809, unha aldea da Parroquia de Piñeira, en Taboada, na que viven unhas 25 persoas.

Por outra banda, o Goberno achega outros 250.000 euros ao Concello de Monforte de Lemos, que se engaden aos 135.000 euros que achega o propio municipio para o arranxo dun total de 13 rúas do núcleo monfortino. Estes traballos beneficiarán de xeito directo, a unhas 1.500 persoas, así como a empresas e entidades e, indirectamente, a todos os veciños da Cidade do Cabe, pois son vías moi transitadas. Tamén se inclúen melloras en camiños e estradas do rural. Deste xeito, acondicionaranse 31 camiños en 12 das 26 parroquias que ten o Concello de Monforte de Lemos, e nas que viven, no seu conxunto, unhas 1.600 persoas. Serán un total de 12.000 metros os que se acondicionarán. Os traballos consistirán, na súa maioría, no bacheo, limpeza e mellora do firme con rego asfáltico.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo