" />

A Deputación inviste nun ano 760.000 euros nos servizos públicos das Nogais

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde das Nogais, Jesús Manuel Núñez Díaz, informou este luns sobre o investimento de 760.000 euros, que o Executivo Provincial achegou nun ano a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos máis de 1.150 veciños deste municipio.

Campos Conde explicou que con este investimento acondicionáronse múltiples vías en núcleos rurais, mellorouse a antiga escolar taller, prestóuselle atención profesional a máis de 40 maiores e xeráronse 8 novos empregos. Para melloras en dotacións públicas, o Executivo Provincial levou ás Nogais 224.000 euros. Campos Conde e Núñez Díaz supervisaron os traballos de 120.000 euros do Executivo da Deputación, para acondicionar a antiga escola taller e a pista adherida, que xa están rematados. En relación ás melloras da escola, o Executivo Provincial financiou a construción dunha nova cuberta para poñer fin ás filtracións de auga, a pavimentación do solo e a instalación das redes de auga e alumeado, necesarias para poder recuperar o uso desta infraestrutura. Tamén se melloraron os accesos para persoas con capacidades diferentes, da antiga escola-taller. Actualmente estas instalacións están alugadas a empresas da zona para o seu funcionamento.

Por outra banda, dotouse á pista contigua a esta infraestrutura dunha nova cuberta metálica. Actualmente este espazo é empregado polo Concello das Nogais para gardar a maquinaria municipal. A través do acondicionamento da pista, mellórase a zona do polideportivo, das piscinas e da área de autocaravanas, un núcleo turístico de importancia para o Concello.

Outros 22.000 euros, foron para a construción dun novo depósito de auga na parroquia de Filloval, beneficiando aos 100 veciños que viven na mesma. Foron ademais, 17.000 euros, os que o Goberno da Deputación investiu na mellora da rede de alumeado público en 4 parroquias do Concello das Nogais: Noceda, A Pía, Ferreiras e Estacas. Con este investimento, instaláronse 83 puntos de luz LED, beneficiando directamente aos máis de 100 veciños que viven nestas zonas, e co que, o consistorio aforrará anualmente máis de 1.000 euros. O Executivo Provincial achegou 26.600 euros para a adquisición dun camión de lixo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo