A Deputación mellora o firme de 124 quilómetros de estradas provinciais

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou esta mañá de que o Goberno Provincial levaba aprobado nos últimos 15 días un investimento de 6,2 millóns de euros na mellora de 124 quilómetros de 45 estradas que discorren por 25 Concellos. “Creo que demostramos que somos a institución que máis inviste en obra pública na nosa provincia, pois a maiores das actuacións nas vías provinciais, levamos aos 67 Concellos máis investimentos para melloras
de accesos públicos, traídas de auga, saneamentos, alumeados públicos, instalacións deportivas, culturais, locais sociais…”.

Campos Conde explicou que “hoxe acordamos na Xunta de Goberno destinar 1 millón de euros no acondicionamento do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade con nova sinalización horizontal e vertical de 21 quilómetros de 11 estradas en 6 municipios: Taboada, Foz, Pedrafita do Cebreiro, Guntín, Monforte de Lemos e Riotorto. Estes fondos engádense aos 5,2 millóns que acordamos destinar nos pasados días ao arranxo doutros 103 quilómetros de 34 estradas noutros 19 Concellos. Todo isto supón que, en 15 días, aprobamos un investimento de 6,2 millóns para o arranxo dun total de 124 quilómetros de 45 estradas en 25 municipios”.

Privatizar os catamaráns é necesario

O presidente aproveitou tamén para responder ás acusacións do grupo nacionalista provincial sobre a privatización do servizo de catamaráns da Ribeira Sacra, algo que para Campos Conde é imprescindible pois, “é un servizo que supón unhas grandes perdas anuais”, e unha empresa privada, dixo, “fará un mellor servizo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo