A Deputación mellora as prestacións públicas de Barreiros con 290.000 euros

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente Parga, informou hoxe sobre o investimento que o Goberno Provincial achegou aos preto de 3.000 veciños deste municipio coa execución do Orzamento de 2016. Foron 290.000 euros os que se destinaron á mellora das prestacións públicas, ao fomento do benestar e á xeración de emprego.

Campos Conde e Fuente Parga supervisaron a nova ponte construída na parroquia de Vilamartín Pequeno, sobre o rego Porto Bragán, con 42.500 euros que achegou o Executivo Provincial. Os traballos consistiron no derrubamento da infraestrutura existente, moi deteriorada polas riadas, e na dotación dunha nova máis ancha e máis segura, pois mellorouse o firme con aglomerado en quente.

O presidente subliñou que “con estas actuacións, respondemos ás peticións dos 80 veciños que viven nesta localidade, acondicionando unha infraestrutura que empregan a cotío, pois fai de acceso ás súas vivendas e explotacións gandeiras. Ademais, melloramos unha ponte que conecta o centro de Barreiros cos Concellos de Ribadeo e Trabada, beneficiando aos centos de cidadáns que a empregan, moi especialmente no verán, cando a Comarca triplica a súa poboación”.

O Executivo Provincial financiou con 15.000 euros a adquisición de tres casetas con duchas e aseos nas praias de Altar, Coto e Lóngara. O Presidente destacou que “é necesario que todas as administracións nos impliquemos na dotación de prestacións públicas no rural, onde viven os nosos veciños, para contribuír á mellora da calidade de vida. Pero tamén o debemos facer nos espazos públicos que fan de Lugo unha provincia única, como as praias da Mariña, para que os milleiros de persoas que nos visitan, repitan e volvan. Podémolo facer con pequenas actuacións como esta, coa que ofrecemos un servizo básico e necesario”.

Asemade, a Deputación atende a 51 maiores de Barreiros, aos que a Xunta de Galicia non atende. Faino a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes, que o Executivo autonómico deixou de financiar en 66 municipios lugueses. Esta prestación asúmea na totalidade o organismo provincial. Son 34 os barreirenses que contan coa mesma grazas aos máis de 21.000 euros que achega o Goberno Provincial. Outros 17 veciños deste municipios con dificultades en canto a súa autonomía contan coa Teleasistencia gratuíta da Deputación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com