" />

A Deputación ofrece 600 prazas para tratamentos nos balnearios da provincia

O Goberno da Deputación ofrece 600 prazas con descontos en tratamentos termais nos balnearios da provincia para maiores de 55 anos. Trátase do programa Lugo Termal 2017, que abrirá o vindeiro luns o prazo de preinscrición para presentar as solicitudes. O presidente do executivo, Darío Campos Conde, explicou que con esta programación o Goberno da Deputación “potencia o benestar social e permite o acceso dos maiores lucenses ao turismo termal na provincia”.

Campos Conde informou tamén sobre a contratación con 630.000 euros para o acondicionamento de estradas provinciais de Sarria e O corgo, en máis de 8 quilómetros así como de melloras que levarán a cabo en camiños de núcleos rurais no Concello do Incio.

Pola súa banda, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, presentaron esta mañá, na praza do Viveiró, a III Feira do Mel da montaña de Muras que terá lugar os días 18 e 19 de novembro nesta mesma praza.

Por último, o Goberno da Deputación abre mañá o prazo de solicitude das axudas dun total de 45.000 euros para pilotos de rali da provincia. A inscrición pode facerse ata o venres día 17 de novembro. En total, concederanse 25 bolsas, das cales 2 estarán reservadas para persoas con capacidades diferentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo