A Deputación ofrece a lucenses maiores de 55 anos descontos en tratamentos termais

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre a adxudicación na Xunta de Goberno celebrada esta mañá do Lugo Termal 2017. Con este programa, o Executivo da Deputación ofrece a lucenses maiores de 55 anos, dende novembro e ata finais de marzo, descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre, que son os establecementos que decidiron participar neste proceso público. Faino cunha achega de 36.000 euros.

Lugo Termal 2017, que fomenta o benestar e o turismo termal, enmarcándose no Plan Estratéxico de Turismo da Deputación de Lugo, inclúe 600 prazas subvencionadas con estancia. Este paquete consisten en 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, 12 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 190 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.

Prazas subvencionadas ilimitadas sen estancia. Este paquete inclúe 30 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.

Festa do Cogomelo

O Concello de Xermade presentou hoxe a XIX festa dos cogomelos que terá lugar o vindeiro sábado 28 de outubro na Carballeira do Campo de Roupar. A Deputación colabora con esta cita cunha chega de 6.000 euros dos que parte, son destinados polo Concello ao Encontro de Torneiros da Madeira. Dous eventos, que reunen a centos de persoas no municipio chairego. Así o anunciou o Deputado de turismo, Eduardo Vidal, quen presentou esta festa xunto co alcalde da localidade, Roberto García e o Presidente da Asociación de Veciños do Campo, José Corral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com