A Deputación organiza obradoiros de pintura e memoria para os maiores da Provincia

O Goberno da Deputación abre o prazo para os obradoiros de pintura e memoria dirixidos aos máis maiores da provincia, o Club Sénior da Rede Museística Provincial de Lugo, organizadores destas actividades. Estes obradoiros terán lugar no Museo Provincial de Lugo, todos os xoves dende o 23 de febreiro ata o 27 de abril, contan con 15 prazas cada un e o prazo para anotarse remata o vindeiro 13 de febreiro.

Os obradoiros que ofrece a Deputación son Pintamos e creamos e Memoria. No primeiro, os  participantes aprenderán termos de debuxo e técnicas básicas: como funciona a cor, como se representa a forma, ou que se debe ter en conta á hora de pintar un cadro. No obradoiro de memoria, traballarán tanto a memoria visual como a auditiva.

Estas dúas actividades terán lugar todos os xoves, dende o 23 de febreiro ata o 27 de abril. O horario é de 17:00 a 18:30 horas. As persoas que queiran participar poden apuntarse no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo. Máis información nos teléfonos 982242300/982242112.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo