A Deputación organiza unha conferencia sobre “Historias, segredos e valores do Breogán”

O Goberno da Deputación organiza para mañá unha conferencia sobre Historias, segredos e valores do Breogán,  como complemento da mostra 50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade. O organismo provincial achega de xeito totalmente gratuíto a todos os lucenses esta exposición, na que se fai un repaso pola historia do CB Breogán con motivo do seu 50 aniversario, ata o 30 de xuño.

O relatorio de mañá, que terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a partir das 20:00 horas, estará aberto ao público ata completar aforo e a entrada será totalmente de balde. Será a oportunidade de coñecer algunha das moitas “outras historias” que un medio século tan intenso como o do Breogán, deixa na memoria.

Paco Rivera é un dos informadores que máis anos seguiu ao Breogán neste medio século. El estaba naquelas primeiras retransmisións radiofónicas que contaban os inicios e as primeiras batallas na pista do equipo lucense ante os grandes do deporte da canastra. Paco coñece moitas historias íntimas daqueles primeiros anos e quere compartilas cos afeccionados na súa conferencia de mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com