" />

A Deputación promociona o turismo da provincia no ‘Termatalia 2017’

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e da Presidenta da Sección de Vilas Termais e alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, inauguraron este xoves o stand da Provincia de Lugo no Termatalia 2017, a feira internacional de Turismo Termal que ten lugar hoxe e mañá en Ourense, co fin de pular polo mercado estratéxico do Turismo Termal e Benestar.

Campos Conde destacou que “a provincia de Lugo e Galicia son un referente nacional e internacional en materia de termalismo, que debemos aproveitar para impulsar o turismo como un verdadeiro motor económico. Neste ámbito é fundamental a colaboración público- privada, por iso, por sétimo ano consecutivo, desde o Goberno da Deputación, decidimos ofrecer o LugoTermal, unha programación que ofrece 600 prazas a lucenses maiores de 55 anos, con descuentos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos termais da provincia.”

O Presidente lembrou que esta iniciativa do Executivo Provincial desperta moito interese entre os maiores da provincia, pois foron máis de 5.600 persoas as que, en pasadas edicións, beneficiáronse desta programación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo