A Deputación promove o primeiro circuito de baloncesto precadete masculino

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Ruben Engroba, o Representante da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Alejandro Alcalde e a Xerente da empresa patrocinadora Ferreiro Suministros Industriales, Nadia Álvarez, presentaron este mércores no Salón de Actos da Deputación, o 1º Circuíto de Baloncesto Provincial Precadete Masculino. A Deputación colabora na celebración deste proba cunha achega económica de 1.500 euros.

Rivera Capón recoñeceu a importancia deste tipo de iniciativas “que van encamiñadas a promover o deporte base e á mocidade, xa que son preto 300 xogadores non federados os que poderán participar no torneo, o que supón, ademais, un importante revulsivo económico do que se aproveitarán os cinco concellos da provincia”.

Neste sentido, agradeceu a “deslocalización” do torneo, que permitirá levar o baloncesto a vilas nas que sería difícil organizar este tipo de eventos deportivos. “Por iso dende a Deputación consideramos de vital importancia colaborar con proxectos que contribúan a dinamizar o deporte base, e ao mesmo tempo poñer en valor os recursos gastronómicos e culturais das nosas vilas e as nosas comarcas”, sinalou.

A competición, promovida pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, está dirixida a xogadores nados no ano 2002 e posteriores, e para unha categoría non federativa. O circuíto comeza o día 8 de decembro e remata no mes de xuño de 2017 e desenvolverase en cinco sedes distintas; Láncara, Vilalba, Cervo, Quiroga e A Fonsagrada; esta última localidade acollerá a final.

Pola súa parte, Rubén Engroba, que agradeceu a colaboración da institución, destacou que “o obxectivo é incentivar o baloncesto en Concellos que están creando equipos de base ou non os teñen, pero que contan con magníficas instalacións para a súa práctica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com