" />

A Deputación da comezo mañá as rutas fluviais dos catamaráns da Ribeira Sacra a cargo da empresa Tragsa

As polémicas rutas fluviais dos Catamaráns da Ribeira Sacra dan comezo mañá día 1 de abril ao público, así o anunciou hoxe o presidente da Deputación, Darío Campos, asegurando que estas rutas comezarán “a pesares das trabas que interpostas” ao ente provincial desde a oposición.

Darío Campos asegurou que dende mañá e ata Semana Santa estarán abertos nos horarios habituais, e que no periodo da Semana Santa as rutas fluviais funcionarán todos os días dende  as 11.30 ás 4 da tarde.

O presidente asegurou ademáis que a Deputación rexistrou xa 6800 reservas para estas rutas dende mañá ata outubro, e 2400 reservas correspónden ao mes de abril.

Este servizo de catamaráns “sempre funcionou dende Suplusa, pero o Consello de Administracion se bloqueou por parte da oposición” dixo Campos quen asegurou que hai que “responder ao atractivo da Ribeira Sacra” dende a deputación.

Polo tanto, a Xunta de Goberno do ente provincial, aprobou solicitar un convenio entre a Deputación e a empresa Tragsa. Darío Campos asegurou que mentras non se asuma este convenio e para dar resposta a todas as reservas, Tragsa se encargará do funcionamento das rutas fluviais baixo un contrato ponte para o que a Deputación adicará 30.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo