" />

Descenden os casos activos logo de se manter os contaxios e rexistrarse un falecemento por covid

A covid19 deixa un novo falecido na provincia. Así o revela o último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte e que cifra en 214 as persoas que finaron polo virus dende o inicio da pandemia.

Con todo, non todo son malas novas e é que nas últimas horas a cifra de novos contaxios mantívose en 8 positivos detectados, os mesmos que no día anterior. Un dato que sumado ás 12 altas médicas recibidas onte, deixan a cifra de casos activos en 223 persoas, 3 menos que na xornada anterior. 

Descende tamén a presión asistencial logo do falecemento dun home de 78 anos na UCI do HULA. Así, en unidades convencionais continuan 5 persoas, 4 no Lucus Augusti e 1 no Hospital de Monforte, mentres que na unidade de coidados intensivos do HULA permanece hoxe un paciente covid.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo