" />

Desenvolvemento Local cede un espazo do CEI – Nodus a FADAS para albergar un taller de costura creativa

Desenvolvemento Local cederá un espazo do CEI – Nodus a FADAS, para que a Federación de Asociacións de Ámbito Social poida desenvolver nel un taller de costura creativa.

Unha iniciativa coa que, tanto esta entidade como o Concello, pretenden fomentar a empregabilidade das persoas que traballen nel, incrementando, á vez,  a súa formación, confianza e autoestima persoal.

A edil responsable, Ana González Abelleira, mantivo hoxe un encontro coa directiva da Federación para ensinarlle as zonas dispoñibles no Centro de Emprendemento, co obxectivo de que escolleran a que se axeitara mellor a este fin.

“FADAS contará cun espazo propio no CEI – Nodus, un lugar que, agardamos, se converta nun berce de oportunidades para as e os usuarios do mesmo porque a nosa vocación, como goberno local, é a de tender pontes para, entre todos, loitar pola inserción socio – laboral dos colectivos máis vulnerables”, afirmou a concelleira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo