" />

Detectado un brote en Chantada con 5 positivos por Covid-19

Detéctanse cinco novos casos confirmados por Covid-19 en Chantada e que segundo fontes sanitarias pertencen a un mesmo núcleo familiar. En canto ao brote de Meira parece controlado e mantense en 18 afectados.

Nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que o número de casos activos na área sanitaria de Lugo é de 483, baixou en 3 casos respecto a onte, a pesares de que se rexistraron máis casos que onte, en concreto 35 pero déronse máis altas, 38, polo que descende en 3.

En canto aos casos activos por coronavirus en Galicia é de 4.083, deles 784 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.148 da de Ourense, 613 da de Pontevedra, 408 da área de Vigo, 545 da de Santiago, e 102 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 3.861 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.860 persoas curadas, rexistrándose 774 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 531.410.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo