Detención por delito de violencia doméstica

Onte á tarde unha patrulla da Policía Local de Lugo acudiu  á rúa Tino Grandio, para facer unha intervención, previo aviso ao 112, por mor dunha discusión e unha pelexa entre unha muller e un home.

A súa chegada os axentes observaron que había un home que se atopaba nun estado de agresividade e nerviosismo, que fixo necesaria a súa inmobilización. No lugar atopábase a nai, un irmán e unha testemuña dos feitos; manifestado a nai que “o seu fillo ameazáraa esixíndolle que lle dese diñeiro o que corrobora o irmán, engadido que  “o seu  irmán esíxelle diñeiro á súa nai e ao mesmo, ameazándoo de morte, indicando que hoxe o seu irmán agredira fisicamente á súa nai xa que lle esixía diñeiro e non llo deu” .

A testemuña pola súa banda relatou aos axentes que “observou como o home inmobilizado agredía á señora que resultou ser a súa nai e que ao instante puxo os feitos en coñecemento da Policía Local”. Por todo o relatado procédese á detención do home por un presunto delito de violencia doméstica, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o xulgado de garda.

Foto: rquivo

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com