Corte de tráfico por reparación de tapa de rexistro na Rolda da Muralla

O Concello de Lugo informa dun corte de tráfico previsto para mañá, xoves 22 de febreiro, debido á necesidade de reparación dunha tapa de rexistro na Rolda da Muralla, á altura da intersección coa Rúa Luis Cordeiro.

Para iso será necesario cortar o carril dereito da Rolda durante aproximadamente 2 horas, previsiblemente a partir das 09:30, unha vez pasado o horario de entrada nos centros escolares, se nese momento as condicións climatolóxicas o permiten.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com