" />

Detidas dúas persoas por roubos en establecementos de hostelería en Lugo

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, confirmou esta mañá a detención e a posta a disposición xudicial de dúas persoas que foron prendidas a pasada noite por practicaren roubos en establecementos de hostelería da cidade e nunha furgoneta. 

Carballo sinalou ademais que se puxo en marcha un “dispositivo especial” por parte da Policía para frear a vaga de roubos en vivendas que vén sufrindo Lugo nas últimas semanas. “Hai un dispositivo especial porque se producen roubos a franxas horarias concretas e montouse un dispositivo concreto para poder dar cos autores, que supoñemos que son de aquí e non hai ningunha banda organizada de fóra”, subliñou.

A este respecto, o subdelegado do Goberno en Lugo quixo enviar “unha mensaxe de tranquilidade e seguridade” aos lucenses. Subliñou que se está realizando un despregamento especial “para poñer a esa xente a disposición xudicial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo