Detido un condutor que deu positivo en alcol por atentar contra os axentes

Efectivos da Unidade de Atestados e do Grupo Operativo Nocturno da Unidade de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, procederon á detención dun home como autor dun delito de atentado a axentes da autoridade e outro contra a seguridade viaria. Os feitos sucederon sobre as 22:15 horas do pasado venres día 6, cando os axentes acoden á rúa Yañez Rebolo ao producirse un accidente de circulación. Á chegada observan como o condutor dun Audi báixase agresivo e moi nervioso e comeza a gritar aos outros condutores e, ao decatarse da presenza dos axentes, foxe do lugar.

Os policías intercéptano en Pintor Villamil, momento no que, sen mediar palabra, propina unha puñada a un dos axentes que pode esquivala, dando patadas ao outro policía que acudía ao lugar. O individuo é inmediatamente detido e conducido a dependencias policiais onde se lle practican as probas de alcoholemia arroxando un resultado positivo de 1,05 mg/l (máis de catro veces a taxa permitida).

Durante o traxecto no vehículo policial propínase a si mesmo varias cabezadas contra o biombo de protección do coche patrulla, polo que é conducido a un centro médico onde se reflicten leves lesións. O vehículo foi retirado polo guindastre ao Depósito e o detido queda nos calabozos ata a súa posta ao dispor da Autoridade Xudicial.

Noutro senso, o sábado, 7 de decembro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio cando se procedía a retirar co guindastre un vehículo que obstaculizaba a circulación en carril das Flores, comproba que ten todas as portas abertas observándose desde o exterior, debaixo dun dos asentos, un machada e un puñal, sendo intervidos mediante acta ao amparo da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, para a súa remisión á Intervención de Armas da Garda Civil de Lugo.

Novas relacionadas

  1. Antonio Fernandez
    Dec 09, 2019 - 10:51 PM

    Retirada de carne por lo menos diez años

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 09, 2019 - 05:14 PM

    Habería que ver o do atentado? Algúns guardas son probó adores natos. E sabemolo todos, pero os responsables miran para outro lado. A realidade non intetesa

    Reply
  3. Luis Rodriguez
    Dec 09, 2019 - 02:38 PM

    Alcol ou alcohol???

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com