" />

Detido un home por agresións e ameazas á súa muller

A Policía Local de Lugo vén de deter a un home, veciño de Lugo, por agresións e ameazas á súa muller. Os feitos tiveron lugar sobre as 22.35 horas de onte cando o 092 recibía a chamada dunha muller que informaba que na cidade un home intentaba entrar no portal dun edificio portando un coitelo de grandes dimensións.

Dúas dotacións do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo achegáronse ao lugar, onde un home trataba de esconderse no interior dun coche estacionado. Os axentes proceden á súa identificación e cacheano, rexistrando tamén o vehículo sen que lle atoparan arma algunha. O home manifestou aos axentes desprazados ao lugar que tivera unha discusión coa súa parella.

Os policías puxéronse en contacto coa muller que os requerira, quen lles explicou que o home, amigo persoal dela, abríralle a porta do seu domicilio intentando pescudar ao seu fillo e á súa muller. A requerinte explicoulle que eles non estaban alí e o home, en palabras da amiga, comezou a beber, dirixíndose á cociña para coller un coitelo e abandonando o domicilio.

Tralas declaracións da muller, os axentes volven interrogar ao agora detido, conducíndolles el mesmo ata unhas matogueiras onde lanzara o coitelo que foi recuperado polos policías. Os axentes localizan á muller do individuo manifestando ela, que tiveran unha discusión e que el, en diversas ocasións anteriores, agredira e ameazara de morte, aínda que nunca o denunciaba.

Por estes feitos, a Policía procedeu á detención do home, de 29 anos de idade, sendo conducido a dependencias policiais onde se intrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo