Detido un mozo lucense por negarse a ser identificado tras incumprir a normativa Covid 19

A Policía Local detivo onte a un mozo lucense de 18 anos de idade  como presunto autor dun delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade. Os feitos tiveron lugar o pasado sábado cando unha patrulla policial acudía ás Costas do PArque de Rosalía da cidade de Lugo para colaborar cunha ambulancia do 061 na asistencia por intoxicación etílica dun mozo. Unha vez que colaboran cos sanitarios, os axentes observan a un grupo de mozos sentados no campo, consumindo bebidas alcohólicas e, ao aproximarse a Policía ao lugar, a maioría de rapaces foxen correndo, quedando sentados 3 ou 4 mozos. 

Os axentes proceden á identificación de todos eles e un (o agora detido), que se acha sen máscara e cun vaso de bebida entre as pernas, amosa, segundo as palabras dos axentes, unha actitude desconsiderada e négase a identificarse. 

A Policía indica ao mozo en varias ocasións que precisan a súa identificación para ser proposto para sanción por incumprir a normativa Covid por non usar máscara, o mozo segue na súa actitude de non se identificar, sendo informado que en caso de persistir na súa negativa terá que ser conducido a dependencias policiais para a súa plena identificación. 

Nese momento o rapaz trata de ausentarse do lugar polo que os axentes seuxeitano e intentan introducilo no vehículo patrulla, amosando o mozo unha resistencia activa, segundo o parte policial, e desobediencia manifesta ás ordes dos axentes.

A medida que se achegaban ao coche policial, o mozo tírase o chan e contra o vehículo forcexeando coas axentes e fuxindo á carreira do lugar.  Tras investigar ao mozo, na tarde de onte a Policía localiza, identifica e detén a este mozo de 18 anos e trasládao a dependencias policiais onde se lle instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com