Desafio Volta Lugo Desafio Volta Lugo

Dez persoas detidas na provincia por manifestarse ao paso da volta ciclista

Dez persoas foron detidas esta tarde na provincia de Lugo, oito no Corgo e dúas en Monforte, por manifestarse en apoio a palestina. No transcurso do percorrido da volta ciclista pola provincia producíronse diversos incidentes entre espectadores e policía por mor das manifestacións a prol de Palestina e contra o goberno sionista, polo xenocidio que está a perpetrar o exercito israelí en Gaza.

No Corgo un manifestante intentou irrumpir na estrada provocando que un ciclista se fora ao chan, ainda que a caída non foi consecuencia directa desta acción, en Sarria houbo apupos pero sen desoredes e foi en Monforte onde se produciron os incidentes máis graves entre policía e manifestantes.

Foto:Arquivo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com